viernes, 7 de agosto de 2015

Comezo 5ª Liga de Magic Arzúa


Repetimos calendario e regras:

CALENDARIO E NORMAS 5ª TEMPORADA

-Se nunha partida dase un empate (quedan os 2 por debaixo dunha vida ó mesmo tempo) procederase a puntuar da seguinte maneira: se o empate se da na primeira partida repartirase 1 punto a cada un, se o empate se da con resultado de 1-0 ou 0-1 repartirase un punto a cada un e será o resultado final 2-1 ou 1-2, e no caso de que o empate se produza co resultado de 1-1 repartirase medio punto a cada un e finalizarase 1'5-1'5.

-Mantense o mesmo sistema de puntuacion:
   Se na partida da semana hai 5 persoas danselle 5,4,3,2 e 1 puntos por ese orden ó 1º, 2º, 3º... Se empatan por exemplo no terceiro posto 2 personas darianse 5,4 3,3 e 1 punto.
   Se a partida é de dobles e hai 3 parellas por exemplo (6 persoas) daranselle 6, 4 e 2 puntos.
   Os triples ou cuádruples empates resolvense mirando os enfrentamentos individuais, se por exemplo un dos que empata venceu ós outros dous (ou venceu a un e empatou co outro) non haberá triple empate e esa persoa quedará por diante e os outros dous decidiran a seguinte posicion no seu enfrentamento individual.
-Nos drafts os puntos multiplicanse por 2. Tamen será de doble puntuación a última xornada.

-Para que puntúen as partidas deberá haber un mínimo de 4 participantes.
-No caso de empate a puntos a final de liga gañará o que mais victorias teña no global. Se teñen tamen as mesmas victorias gañará o que menos partidas xogara, e en caso de persistir o empate repartiranse o premio.

-Asi quedarán os premios para un total de 6 participantes (120€ total):
   1º- 48€
   2º- 36€
   3º- 24€
   4º- 12€

(No premio están incluido os gastos de envío e a comision do paypal)

No hay comentarios:

Publicar un comentario